USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Erro ou eros?

Por Helena González Fernández

Universitat de Barcelona

 

Préstanme as coleccións feitas coa lingua, esas que non ocupan lugar nos andeis nin se enchen de lixo. As de onomástica gastronómica e as receitas literarias están entre as preferidas. Na restauración catalá “gallega” e “gallec” máis ca unha denominación de orixe aparece adoito como indicador de calidade; excelente, claro. O “pa gallec” sempre estivo entre os mellor considerados, e máis caros, ata que chegou a gorentosa fariña de espelta. Aínda así o pan galego segue a ser dos que indican, seica, que ese forno é dos bos.

Hai un tempiño abriron unha desas panaderías de franquicia que chamaban boutique. Aló fun á cata dos preferidos, e atopei un exemplar para arrequentar a colección, sección grandes erros. No andel, debaixo do lema da marca, escribiran non unha, senón dúas veces, que un dos seus pans feitos con amor era o chamado “tetilla galega”. Erro ou eros para vender máis? Escrito dúas veces non había dúbida: eros. Como técnica de vendas non é nada novo, aínda que habería moito que dicir sobre o tópico do sexismo e a comida. Mais, que debía facer? Dicirlle que ese pan bicudo nunca poderá pasar por queixo, ou ir mercar o pan a outra parte?

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior