Preséntanse as novas axendas escolares redondelás
o Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Ensino do Concello de Redondela veñen de editar unha axenda escolar. O obxectivo deste traballo é proporcionar ao alumnado redondelán, de 2º e 3º ciclo de primaria e de 1º e 2º da ESO, unha ferramenta de traballo que sirva para organizar as súas tarefas escolares, pero na que tamén atoparán coplas, ditos, refráns, adiviñas, referencias culturais e etnográficas de Redondela e información sobre a toponimia e o patrimonio local.
Máis información no blog do SNL de Redondela.