USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

Parabéns ao alumnado de Medicina da USC

asemblea aberta medicina usc

Lemos nos xornais que o estudantado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela está a mobilizarse para acadar melloras na calidade da docencia e para que se permita facer os exames en galego. Desde ProLingua, plataforma apartidaria e plural que traballa pola defensa e a promoción do idioma galego, queremos mostrar o noso contento por estas mobilizacións e non podemos menos que agradecer e parabenizar a quen se preocupa porque a USC cumpra a súa propia normativa.

 

No artigo 3 dos Estatutos vixentes da USC, na alínea 1 establécese que  “A lingua galega é a lingua propia da Universidade de Santiago de Compostela” e que na alínea 2 dise que “A Universidade de Santiago de Compostela potenciará e garantirá, no marco das súas competencias, o uso pleno da lingua galega en todos os ámbitos.”

 

ProLingua non só desexa o máis inmediato éxito nas reivindicacións do estudantado da Facultade de Medicina (quéixanse, ademais, do exceso de horas lectivas, da incompatibilidade horaria ou da falta de profesorado, situacións que provocan moito malestar que se materializa en forma de saturación e ansiedade), senón que insta a facer da facultade un vector normalizador, atendendo a demanda para que a docencia e a vida académica se poida desenvolver plenamente en galego. 

 

Facemos, tamén, un chamamento ás autoridades universitarias para que non se incumpra o artigo 3 dos Estatutos da USC, pois teñen a obriga legal de apoiaren que o galego sexa a lingua normal da comunidade universitaria.

 

 

 

ProLingua, a 8 de novembro de 2019

asemblea aberta medicina usc

asemblea aberta medicina usc

asemblea aberta medicina usc

asemblea aberta medicina usc

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior