Zona Press, revista en galego para os amantes do baloncesto

O mes de outubro chega cunha innovadora publicación debaixo do brazo. Nace Zona Press, unha revista mensual de baloncesto, en galego. A revista conta no primeiro número con entrevistas a Pau Gasol ou Moncho Fernández.
Óscar Losada, xornalista e escritor, é o promotor e director desta publicación, que se venderá nos pavillóns dos catro equipos masculinos de elite (Obradoiro, COB Ourense, Breogán e Básquet Coruña) e que se converte na primeira revista centrada neste deporte que xorde en Galicia.
Información tirada de Praza Pública.