USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Preséntase o “Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués”

O proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués pretende integrar nun único banco de datos de acceso libre a través de internet materiais lexicográficos procedentes de traballos de léxico dialectal de galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil. O obxectivo do proxecto é poñer estes materiais, moitos deles inéditos ou de difícil acceso, á disposición da comunidade científica.

O proxecto está coordinado desde o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela pola profesora Rosario Álvarez Blanco e nel participan investigadores galegos, portugueses e brasileiros.

Información tirada do web do ILG.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior