Obradoiro de arrolos en galego
Un taller organizado polo Servizo de Normalización Lingüística que este ano regresará ao Pazo da Cultura carballés da man do músico bergantiñán Xabier Díaz, un dos integrantes de Berrogüetto. El será o profesor do obradoiro de nanas para nais e pais (presentes ou futuros, así como para todos aqueles que queiran aprender ou practicar) que terá lugar a finais deste mes.
Será os días 21 e 28 de novembro de 17.00 a 19.00 horas en ambos os casos. Durante as dúas sesións, ás que tamén poden asistir os bebés, os participantes aprenderán a cantarlle aos pequenos temas populares e outros máis novos.
Recórdanos Débora Campos que existe dende hai tempo o proxecto Arrorró, que procura arrolos en todas as linguas que se falan na Arxentina. Velaquí a participación do galego.
Información extraída de La Voz de Galicia.