O Consello de Europa valora o cumprimento da Carta europea das linguas
Neste informe valórase a situación do noso idioma nos diferentes ámbitos nos que o Estado español se compromete, a través da ratificación da Carta, a protexer o galego (Administración, Xustiza, ensino, medios de comunicación….), sendo especialmente crítico o Comité de Expertos coa política lingüística adoptada pola Xunta de Galicia no ámbito educativo, derivada da aplicación do Decreto 79/2010, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Así, no documento o comité expresa a súa preocupación "pola redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoio", e convida as autoridades a que "tomen medidas de modo que a introdución do modelo trilingüe na educación non afecte a educación na lingua propia".
Ademais, lémbraselles ás autoridades que malia que a lexislación vixente non implica unha educación plena en galego, si é necesario "que haxa un número suficiente de escolas que ofreza educación completamente ou esencialmente en galego", xa que ese é un dereito "dos pais que así o desexen", e insta as autoridades a que fagan posible esa educación en galego en Primaria e Secundaria.
Máis información en Praza Pública ou Europa Press.