USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Carta a ABANCA

abanca

ProLingua, asociación apartidaria en defensa da lingua galega, quere felicitar a ABANCA pola edición dun calendario de parede do ano 2019 en galego que merece todos os parabéns, non só por estar en galego senón, a maiores, por facelo cunha altísima calidade gráfica e textual. O calendario 2019 de ABANCA inclúe en cada folla de mes uns versos dos últimos premios Afundación de poesía (Olalla Cociña 2016, Estíbaliz Espinosa 2017, Gonzalo Hermo 2018) xunto con fermosas ilustracións de Iván R., Carlos Arrojo, Natalia Umpiérrez, Chus Rojo ou Ro Ledesma. Ao final de todo figura o poema completo de onde se tiraron os versos destacados.

 

Queremos parabenizar ABANCA por esta iniciativa e, sobre todo, as persoas que idearon e deseñaron este calendario, por demostraren sensibilidade co noso idioma, coa nosa poesía e cos novos ilustradores.

 

Mais, asemade, querémoslle solicitar novamente a ABANCA que fagan tamén en galego o calendario de mesa, pois unicamente está dispoñible en castelán. Xa hai algúns anos ProLingua enviáralle a ABANCA un escrito crítico porque non teren a disposición dos clientes un calendario de mesa en galego, cando en grande si que o había. Volvemos insistir de novo en que non custa nada facer unha tiraxe popular e masiva de calendarios de mesa en galego cando xa hai calendarios grandes en galego, e sobre todo cando comprobamos que son dunha grande creatividade e visibilizan artísticamente moi ben o noso idioma.

 

ProLingua, 11 de xaneiro de 2019

abanca

abanca

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior