USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

A Wikipedia en galego na revista Madrygal

A revista de estudos galegos Madrygal, dependente da Universidade Complutense de Madrid, publicou cinco páxinas cunha interesante e didáctica reportaxe asinada por dous administradores da Wikipedia en galego, Adrián Estévez e Benedicto Riobó, titulada Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega.

Aproveitamos esa boa nova para informar de que ProLingua contará a partir da vindeira semana cunha nova voz colectiva, a dos administradores da Wikipedia en galego, que terán á súa disposición a nosa sección Voces para periodicamente dar conta acerca das efemérides que alí sucedan así como para nos achegaren estatísticas que doutra maneira os máis non coñeceriamos. Pensamos que pode ser especialmente relevante para docentes.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior