USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Tradución das páxinas que atinxen ao galego no 3º informe do Comité de Expertos e consideracións de ProLingua

Cando o pasado 25 de outubro tivemos noticia da publicación do Terceiro informe do Comité de Expertos con respecto a España en relación coa Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, en ProLingua formamos un grupo de traballo propio capaz de traducir o referido á situación da lingua galega e de elaborar unha rigorosa análise que axude á xente do común a entender cal é a verdadeira situación da lingua a ollos do Consello de Europa, que recomendacións lle traslada á Xunta de Galicia e que cambios percibiu na saúde da lingua de Galicia desde o último informe publicado.

Optamos por presentar os documentos por separado. Así, 6 son as páxinas que conforman un primeiro documento en PDF coas nosas consideracións, e 37 as que engloban o segundo documento coa tradución do informe en todo o referido á situación do galego.

Cremos que estas páxinas merecen difusión, e polo tanto entendemos que non haberá mellor recoñecemento ao noso labor destes días que aquel de partillardes os documentos, comentárdelos e tomarmos conciencia, ou afiuzármola, sobre a situación real da lingua galega tanto na Galicia administrativa como nas comarcas estremeiras.


Documentos para descarga:


* Consideracións de ProLingua sobre o 3ª Informe do Consello de Europa na aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

* Tradución do Terceiro informe do Comité de Expertos con respecto a España.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior