USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

O conto triste da Spider

Por Valentina Formoso


Raúl, o titor, co que pasan moitas horas cada día, anda a explicarlles as partes do corpo. En castelán, porque é a lingua “materna” de 13 dos 25 matriculados. Agora tócalles coa profesora de inglés, moza nova oriúnda dunha aldea de Chantada, orixe que sempre tentou ocultar desde que fora estudar maxisterio á Coruña e que só se percibía no seu castelán de verbos simples e vogais que abrían e pechaban.

- Niños, hoy seguimos con la canción del otro día... Os acordais?
Uns ollos coma pratos mirábana sen entender por que sinalaba un papel cun debuxo dunha araña
- Recordais niños? La canción de la... ? – ante o silencio, insistiu- Pero... que canción estábamos aprendiendo el otro día?!
- Ah, si!- berra Antón orgulloso da súa memoria- la de la espalda!
- Que espalda?!! Como que espalda?! -Mirou para a araña negra e berrou con todo o que lle daba a gorxa- Será “spaidaʳ”!!


Aquelas cabeciñas de tres e catro anos non entendían o berro, só eran vítimas dun sistema educativo que lles introducía o inglés de xeito descontextualizado, á marxe da programación do curso e antes de dominaren as dúas linguas ambientais.


*  Este relato está baseado nun feito real ocorrido nunha escola galega en marzo de 2012.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior