USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Dous poemas para Xabier P. DoCampo

xabier docampo e xavier senín na illa de san simón

José António Gomes é un escritor portugués de literatura para a rapazada, poeta e profesor de literatura na Escola Superior de Educação do instituto Politécnico do Porto.

 

Xabier P. Docampo tivo moita relación con Portugal e participou nos primeiros programas que se fixeron para dar a coñecer os clásicos galegos e portugueses a un lado e outro da fronteira. Xunto con outras persoas (escritoras, bibliotecarias, profesoras…) acudiu ao Roteiro dos escritores do Douro en outubro de 2003. Máis tarde, en 2006, participou noutro programa, “Estafeta do conto”, que naceu coa idea de favorecer o coñecemento das literaturas galega e portuguesa nos respectivos países.

 

Promovido pola Delegação Regional de Cultura do Norte e a Xunta de Galicia, escolléronse 16 espazos culturais, maiormente bibliotecas, de Galicia e do Norte de Portugal nos que se estableceu un contacto directo cos creadores e creadoras. Cada centro foi visitado por un escritor e unha escritora que tiveron como cometido elaborar unha parte dunha historia contado coa axuda dos rapaces e as rapazas.

 

O proxecto concretouse en dous libros. O primeiro, Pasos de música, camiños de auga / Passos de música, caminhos de água, escrito por Ana Luísa Amaral, Fina Casalderrey, Vergílio Alberto Vieira e Xabier DoCampo, foi ilustrado por Xosé Cobas. O segundo, Como um pé-de-vento / Como un golpe de vento, escrito por Gloria Sánchez, João Pedro Mésseder (nome literario de José António Gomes), Paco Martín e Anabela Mimoso, foi ilustrado por António Modesto. Destes e doutros encontros xurdiron fondas relacións de amizade entre creadoras e creadores de ambos os lados da fronteira.

 

 

 

Xavier Senín

 

 

 

Publicamos a seguir dous poemas para Xabier P. DoCampo, de João Pedro Mésseder e de José António Gomes:

 

 

 

Xabier P. Docampo

 

Esta é a noite do amigo

do amigo que saiu de vez

que saiu de vez da nossa casa

esta é a noite longa que não passa

 

 

Porto, 26-6-2018

João Pedro Mésseder

 

 

 

 

 

Xabier P. Docampo

 

Xabier

que grão de voz

que olhar e que sorriso

que gargalhada

de fazer os astros

os outros

gargalhar.

 

Xabier

que brilho em ti

que de ti se desprendia

e caía sobre nós

como partilha.

 

Xabier

que viagem era

viajar em ti

nas tuas palavras

tua velha arte

sempre nova 

de contar

e de viver contando

e de contar vivendo por dentro do contar.

 

Xabier

maravilha de estar

estando em ti

contigo

tu que a Portugal querias bem

como a ti Portugal queria bem

porque te amávamos nós

te amamos nós

e te amaremos sempre

nós os que 

perdidos hoje

te perdemos.

 

Porto, 26-6-2018

José António Gomes

 

xabier docampo e xavier senín na illa de san simón

xabier docampo e xavier senín na illa de san simón

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior