USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

Novos datos sobre usos lingüísticos na docencia da USC

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela presenta os datos sobre usos lingüísticos na docencia na USC neste curso 2012-2013. En termos xerais, impártense en castelán o 73,74% das horas docentes, en galego o 23,34% e en inglés o 1,72%. O restante 1,2% do horario impártese en francés, portugués, italiano ou alemán.

Segundo o tipo de titulación, nos mestrados é onde máis uso se fai do galego (ao pé dun 30%). En castelán impártese o 66,61% e en inglés o 1,68% das horas. Nos graos, o uso do castelán é o 72,89%; o do galego, o 23.70%; e o do inglés, o 2,03%. Nas diplomaturas e licenciaturas o uso do galego baixa ao 14,37%, mentres que en castelán impártese o 84,47% das horas docentes.

Pode ampliar esta información no Cartafol Dixital, publicación de normalización lingüística da USC.

Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior