USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

"Alumea a túa lingua!"

O Concello de Vigo, a través do seu SNL, organiza a maratón de actividades Alumea a túa lingua!, para conmemorar o 150 aniversario da publicación en Vigo dos Cantares Gallegos de Rosalía. Concertos, charlas, recitais, festa, animación, etc., encherán de lingua espazos de Vigo ata o mes de maio.

Se un maratón deportivo ten 42 quilómetros, o maratón Alumea a túa lingua! Vigo en galego ten 42 actividades, que comezaron xa en febreiro, cando se prendeu o facho, e que rematarán o 17 de maio, día en que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, nunha imprenta da rúa Real (Vigo).

O programa, que se desenvolverá en colaboración con diferentes entidades da cidade, inclúe, entre outras actividades, concertos musicais, recitais poéticos, certames escolares, contacontos dramatizados ou charlas sobre a obra rosaliana.

E entre as 42 accións podemos atopar un pouco de todo... Un certame de regueifas; lecturas nos mercados; exposición en volta de Rosalía; charlas; contacontos; un maratón musical; o concerto Rosalía 21 con Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira; obradoiros de hip hop a partir dos versos de Rosalía; animación de rúa; concerto de Aid; distribución de poemas de Rosalía en 50 linguas; e moito, moito máis!

Información tirada da web da CTNL.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior