USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

Agustín Fernández Paz, Premio Trasalba 2014

Agustín Fernández Paz será homenaxeado o 29 de xuño co Premio Trasalba outorgado pola Fundación Otero Pedrayo. O xurado destacou “a significación de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), no eido da literatura dirixida aos lectores máis novos (infantil e xuvenil), ámbito no que o autor acadou recoñecida sona dentro e fóra das nosas fronteiras, así como o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80, un eido que ata agora non fora considerado na nómina de Premios Trasalba, o que sen dúbida os enriquece”.

ProLingua festexa moi especialmente este recoñecemento a Fernández Paz por ser parte desta Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega, desta dorna na que el se enrolou dende o comezo. Compartirmos con el esta travesía é unha honra, por iso alegrámonos de que no mes de San Xoán pise os Chaos de Amoeiro entre o agarimo dos amigos e das amigas, que entre na Casa Grande de Cimadevila para ser honrado como escritor e como home de país. Nos muros de Trasalba resoará a voz potente de Otero Pedrayo que lle dirá "grazas, grazas, Agustín, por faceres país sempre e por facérelo con dignidade e corazón". E en ProLingua dámosllas por facelo connosco.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior