USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Xa está dispoñible a versión 3.6 do xestor de contidos WordPress en galego

O popular xestor de contidos WordPress vén de estrear a súa versión 3.6, que xa está dispoñible en galego, e que supón unha interesante actualización para esta potente plataforma, que entre as súas novidades incorpora un novo tema predeterminado (Twenty Thirteen, que pon a foto no contido cun deseño colorido e dunha única columna), autogardado e bloqueo de entradas (cada 15 segundos garda as entradas que esteamos a redactar para non perder nada, frecuencia que se reducirá ata os 2 minutos se detecta pouca actividade no ordenador), un reprodutor multimedia HTML integrado para poder incrustar audio e vídeo sen depender de servizos externos e un menú de edición máis doado de entender e usar. Tamén mellora a integración con Spotify, Rdio e SoundCloud.

A nova versión de WordPress tamén mellor os formatos de entrada, as revisións, o modo sen distraccións a pantalla completa e o fluxo editorial. É posible descargar WordPress 3.6 dende a súa páxina web, aínda que os usuarios que conten cunha versión anterior de WordPress poderán aplicar a actualización directamente dende o seu panel de control.

Información tirada de Código Cero.
 

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior