USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Unha aplicación en galego para identificar cogomelos

Resulta de grande utilidade para os afeccionados á recollida de cogomelos a aplicación para dispositivos con Android 2.1 ou superior chamada MicoKey, que pode descargarse de balde a través de Google Play.

Esta ferramenta que recolle a 255 especies máis comúns de Galicia, incluíndo fichas con imaxe e datos de máis de 100 destas especies desenvolveuse grazas ao Grupo de Investigación Micolóxica da Universidade de Vigo, que tras publicar unha guía de cogomelos recollendo as chaves de identificación que empregaron durante preto de 15 anos no Laboratorio de de Botánica da Facultade de Bioloxía.

O encargado de traducir este traballo anterior nunha aplicación recaeu en Xan Bellón, que conseguiu fundir informática e micoloxía.


Información tirada de Código Cero.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior