USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Ríos que falan para festexar a ciencia en galego

Co gallo da conmemoración do Día da Ciencia en Galego, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o obradoiro de creación plástica Ríos que falan, destinado a nenos de entre 8 a 12 anos.

O obxectivo será a recreación plástica dun río, aprendendo ao tempo o patrimonio cultural que o conforma (muíños, presas, contos, lendas…) e mais o léxico da flora e fauna que o habita. Así, con elementos básicos na creación plástica como plastilina, cartolinas, papeis de diferentes tipos e cores... e materiais de uso cotián que se reutilizarán de xeito creativo, as rapazas e rapaces , traballando en grupo, recrearán un río moi especial... un río que fala. Que nos conta sobre os animais que o habitan, a flora que lle dá vida, a súa morfoloxía...; e que tamén nos falará da cultura e do patrimonio que o conforma: muíños, presas, achafondos, contos e lendas...

Rematado o obradoiro, os traballos feitos mostraranse a xeito de exposición.

A actividade desenvolverase os días 18 de outubro (CRAC de Coruxo), 15 de novembro (CVC Valadares) e 29 de novembro (AV Teis). Para ampliar esta información, preme aquí.

Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior