USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Póñense en marcha múltiples accións por un Nadal en galego

A Coordinadora Galega de ENDL habilita un espazo específico no seu web con diferentes recursos para un Nadal en galego, onde se pode atopar información sobre cancións, cartas, contos, refráns, agasallos, recursos didácticos...

Tamén desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) se habilitou un espazo para un Nadal en rede, con actividades a través da Rede de Dinamización Linguística.

Abertos ao Galego comezou a difundir un catálogo de agasallos en galego, con propostas das empresas que pertencen a esta rede: música, camisolas, libros, xoiaría, alimentación, etc.

Desde moitos departamentos de normalización tamén se difunden cartas para incentivar que as nenas e os nenos lles escriban aos Reis, Apalpador ou Papá Noel en galego. É o caso, por exemplo, dos concellos de Ames e Santiago de Compostela, que organizan, ademais, concursos de cartas.

Tamén o SNL do Concello de Narón puxo en marcha o espazo Felicita o Nadal en galego e o SNL do Concello de Oroso organiza un concurso de postais de Nadal en galego.

E por segundo ano o SNL do Concello de Redondela organiza o concurso de escaparates de Nadal, para fomentar o uso do galego no comercio local, actividade enmarcada na campaña O Noso Vende.

Información tirada do web da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior