USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Obradoiro de nanas no Concello de Carballo

O segundo Obradoiro de nanas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística de Carballo será impartido nesta ocasión polos músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández. A actividade está destinada principalmente a nais e pais, mais tamén a familiares e formadores que desexen descubrir os beneficios emocionais que ofrece a transmisión dos cantos de berce.

A actividade desenvolverase os mércores 21 e 28 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo. Nela poden participar un máximo de 25 persoas, ben soas, ben acompañadas do seu bebé. A inscrición é gratuíta e pode facerse no Servizo de Normalización Lingüística (no Pazo da Cultura) ou no teléfono 981 704 304, en días laborables en horario de mañá.

Información tirada do web do Concello de Carballo.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior