O bUSCatermos
Desde o pasado día 1 de outubro, a web de Buscatermos do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago é pública e accesible a todo o mundo. Trátase dunha ferramenta moi útil, e polo tanto dende ProLingua queremos felicitar aos seus responsables. Permite buscar palabras ou denominacións completas, unicamente fragmentos e filtrar segundo diversos criterios.