III Día da Ciencia en Galego
A comunidade educativa galega celebrará o vindeiro 6 de novembro o III Día da Ciencia en Galego, que nesta terceira edición se centrará na tecnoloxía.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) súmase un ano máis a esta celebración organizando para ese mesmo día, 6 de novembro, unha videoconferencia vía web que leva por título Facendo Física de Partículas polo mundo, na que participarán investigadores galegos da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) de Xenebra que forman parte do equipo que descubriu o bosón de Higgs.
A actividade está destinada ao alumnado do 2º ciclo da ESO e de Bacharelato.
Se desexa máis información, prema aquí.