USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Grave conculcación de dereitos en Muros

 

O pasado día 9 de abril difundiamos nas redes de ProLingua que “o asesor xurídico de Muros, actuando como tal, pon trabas aos veciños que se expresen en galego. Un vergoñento abuso do poder que ostenta este señor para afondar nos prexuízos e no maltrato á cultura de noso. Repugnante.”, e ligabamos a un vídeo de denuncia achegado polo BNG daquel concello. Como complemento a aquela información, queremos ampliar co que nos acaban de achegar: o 18 de abril a formación política CxG entregou por rexistro de entrada unha moción propoñendo a destitución do asesor xurídico do concello, entre outros motivos, por tentar obrigar a veciñanza de Muros a falar castelán, incumprindo así o Regulamento de uso do galego. Ben, o caso é que lonxe de recuaren os autores da mencionada conculcación de dereitos lingüísticos, deron en programar para o xoves 25 de abril unha moción na que a alcaldesa, Caridad González Cerviño, co gallo de lexitimar o comportamento contrario á lei do asesor xurídico, pretende botar por terra o Regulamento de uso do galego aprobado en 2001 por unanimidade.

 

Por iso, agora, a nosa repulsa é dupla.

 

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior