Encontro de ProLingua coa lingua e cultura sardas
O venres 26 de xullo, ProLingua participou nun encontro con profesorado de Sardeña que dende o mes de marzo asistiu a un curso de sardo impartido por Diegu Corràine, El foi o tradutor do noso manifesto ao sardo e, antes de comezar a quenda de palabra, leuno. Os representantes da plataforma falaron da súa creación, dos nosos proxectos, do éxito das 55 mentiras, da nosa actividade na rede e especialmente da marea de ilusión que nos levou a botar a andar ProLingua. Insistimos en que somos unha plataforma plural e apartidaria que ten como único eixe a lingua e a cultura propias de Galicia. Xunto a representantes da Nova Escola Galega, da CTNL e da CGENDL mostrámoslle o que somos e o que queremos ser.