USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Concurso de lemas para a campaña "Gústame...", que segue percorrendo o país

Os lemas deben axustarse ás seguintes características:

-Ter un máximo de 90 caracteres, con espazos incluídos.
-Comezar por "Gústame...".
-Ser acordes coa finalidade e o ton positivo e propositivo da campaña para a visibilización do apoio ao fomento do galego.
-Non incluír contidos que poidan resultar ofensivos.

O lema máis votado en Facebook e Twitter recibirá como agasallo un lector dixital e incorporarase á campaña.

Para participar desde FACEBOOK:

1.ª fase: ata o 5 de maio poden enviarse lemas, vía mensaxe privada, á páxina de Gústame o galego.

2.ª fase: os lemas publicaranse o luns 6 de maio, e poderanse votar ata o 12 de maio.

Para participar desde TWITTER:

Debes escribir desde a túa conta a túa proposta de lema seguido da etiqueta #gustameogalego ata o 12 de maio.

Gañará o lema máis rechouchiado ata o 12 de maio ás 12 da noite.

Pódense consultar aquí as bases completas do concurso.

Ata o momento a campaña Gústame o galego xa pasou por localidades como Ourense, Vigo, Silleda, Carnota, Carballo, Ames, A Coruña, Ferrol ou Moaña. Nos vindeiros días estará en:

-Narón: 13 de maio
-Burela: 15 de maio
-Carballo: 15 de maio
-Pontevedra: 16 de maio
-Compostela: 17 de maio

Información tirada da web da CTNL.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior