USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Comeza o Correlingua 2013 baixo o lema “O galego, a chave do mundo”

Na presentación pública da edición do 2013 do Correlingua, entregáronse os premios ao alumnado dos centros de ensino gañadores dos diferentes concursos: elaboración do manifesto, banda deseñada, e vídeo.

Desta volta o premio de Banda Deseñada foi para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Ramón Otero Pedraio, de Amoeiro, Ourense, que se presentou co pseudónimo "Deseñamos". O premio de Vídeo foi para o alumando de 4º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada que presentou co pseudónimo de Gallaecia Films o audiovisual "Galego, chave do mundo". Como finalista do manifesto foi escollido o alumnado de 3º da ESO do IES Pintor Colmeiro, de Silleda e os gañadores foron "Os Golgoretos" do grupo de 4º de ESO do IES A Pinguela, de Monforte.

As carreiras pola lingua partirán de Ourense o 2 de maio e percorrerán doce comarcas galegas (Ferrolterra, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, O Baixo Miño, O Condado, O Morrazo, O Deza, A Ribeira Sacra e A Mariña) coa participación de centros de ensino de toda Galicia. Cada unha das carreiras rematará cunha festa pola lingua que contará con actuacións teatrais e musicais por parte dos artistas convidados e do propio alumnado.

O Correlingua vénse celebrando de xeito regular desde o 2000. Aínda que é unha vella iniciativa promovida na súa orixe por entidades culturais, na actualidade está organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, os concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Información tirada de Galicia Confidencial e do web do propio Correlingua.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior