USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Cinco minutos para entreter en galego sobre economía

Ao concurso Tes 5 minutos… ¡Grávao e cóntanolo! pode concorrer calquera membro da comunidade universitaria da USC deste curso académico. Quen acade o primeiro premio recibirá 400 euros, 150 serán para o segundo e haberá tamén un premio do público de 150 euros.

Os vídeos, que poderán ser realizados con calquera técnica creativa, deben ser inéditos e orixinais nos seus contidos. Os seus autores ou autoras (poden realizarse de xeito individual ou en grupo) serán os únicos responsables do contido das pezas entregadas. Cómpre enviar un DVD coa peza de vídeo, en formato formato .avi ou .mov, nun sobre pechado dirixido á Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, ata o 23 de novembro.

O 29 de novembro na propia Facultade, logo da presentación e exhibición ao público dos vídeos presentados ao concurso (ou, de ser o caso, dos preseleccionados), outorgaranse os premios do certame.

Información tirada do Xornal da USC.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior