USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Carta á Dirección Xeral de Tráfico

Prezada señora:

Chega ao enderezo electrónico da asociación ProLingua o documento que se adxunta a este escrito. Trátase do modelo oficial que a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, órgano dependente do Ministerio del Interior, expide para autorizar temporalmente a condución para as persoas incursas nun proceso administrativo. Entendemos que o resto das delegacións da Dirección General de Tráfico en Galicia empregan o mesmo documento.

A remisión do citado documento demostra e denuncia o desleixo que o organismo público que vostede dirixe mostra para co idioma galego. Dende ProLingua, plataforma apartidaria de defensa da lingua galega, malia comprobarmos con satisfacción que o documento inclúe a tradución ao galego dos tres corpos que conforman o texto, a pesar de relegar sempre a unha posición subordinada o idioma propio de Galicia fronte ao castelán, observamos e acusamos graves erros na redacción, o que evidencia o desleixo referido.

Desta maneira, ademais de observarmos que no corpo central do documento o noso idioma desaparece entre unha enxurrada de datos que o fan imperceptible, destaca a incorrecta tradución do castelán “licencia”, que en galego é licenza .


No pé do documento é posible recadar máis erros. A correcta tradución deste texto sería a seguinte (salientamos as palabras nas que se observan os erros): “Válida para conducir POR España se vai ACOMPAÑADA do Documento Oficial de Identificación”.

Dende ProLingua solicitamos do organismo ao que nos diriximos que, en aras de cumprir coa legalidade vixente, sexan corrixidos á maior brevidade os erros apuntados. Tamén que, en favor da súa dignificación e normalización, na documentación que ese organismo xera no ámbito da Comunidade Autónoma galega lle sexa cedido o lugar principal que por xustiza lle corresponde ao idioma propio de Galicia.

Saudámola cordialmente e confiados en que esta solicitude será atendida e se corrixirán os erros advertidos.


ProLingua, 27 de marzo de 2014

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior