USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Candidaturas á Cerna de ProLingua

Conforme ás normas acordadas para a asemblea, publicamos a única candidatura que se presentou á Cerna de ProLingua así como tamén o seu programa de actividades tal e como figuraba no documento adxunto:

 

Candidatos á nova Cerna:

 

1. Ana Acuña

2. Malores Villanueva

3. Fran P. Lorenzo

4. Paco Martín

5. Marga Tojo

6. Xavier Senín

7. Mercedes Queixas

8. Alejandro Tobar

9. Francisco Fdez. Rei

10. Xosé Antón Laxe Martiñán

11. Xosé Luís Santiso

12. Agustín Fdez. Paz

13. Xosé Henrique Costas

14. Xabier P. DoCampo

15. Pilar Ponte

Programa de actividades de ProLingua para o período 2013-2015

 

1. Comarcalización da asociaciónDesignación de responsables comarcais coa única finalidade de racionalizar o traballo. Non implica xerarquías senón axilizar trámites. ProLingua non é unha organización política ou sindical e si unha organización plana, de carácter non xerárquico. As comarcas de dominio lingüístico galego superan a cincuentena, un número excesivo para as nosas capacidades actuais; trataremos de agrupalas de maneira que queden entre 12 e 18 áreas de acción, sendo unha dela a da Diáspora.

2. Conformación de grupos de traballoInicialmente serán tres: a) deporte; b) dereito e administración; c) comunicación e empresa. Elaboraranse dosieres explicativos sobre as vantaxes e o valor engadido de utilizar o galego como lingua base.

 

En DEPORTE, comezarase co fútbol, dende a 3ª autonómica, das distintas ligas locais, con visitas programadas aos clubs modestos tanto para promocionar o uso da lingua como para felicitar e asesorar a quen xa a utiliza.

En DEREITO E ADMINISTRACIÓN, tratarase de elaborar un decálogo (ou máis) de boas prácticas lingüísticas tanto para o traballador da Administración como para o usuario desta. A seguir, emprenderase unha campaña de divulgación facendo fincapé nos dereitos dos galegofalantes en Galicia e nas comarcas estremeiras.

En COMUNICACIÓN E EMPRESA. Campaña enfocadas ás PEMEs para a incorporación do galego como elemento de identidade corporativa.

 

3. Achegamento ás plataformas pola lingua catalá, nomeadamente Òmnium e Plataforma per la Llengua. Convite a un ou varios representantes destas asociacións para que veñan a Galicia para intercambiar ideas e aprender da súa experiencia. No caso de callar, procuraríase establecer un maior vencello.

 

4. Ofrecemento de apoio, mesmo económico, para a creación dunha rede xuvenil de revistas e radio, isto é, de temática adolescente mais cunha clara visión de igualdade de xénero. Ex.: Superpop, Vale ou algúns programas dos 40 Principales, pero sen a clave machista nin reducionista.

5. Publicación periódica (trimestral) das actividades realizadas e para realizar.

6. Colocación de stands de información, en colaboración cos concellos, durante as festas locais dos lugares,o que vai depender en gran medida da capacidade de traballo das agrupacións comarcais.

7. Presentación dun informe anual de queixas ao Valedor do Pobo, a ser posible en colaboración con outras organizacións e plataformas de defensa e promoción do galego.

8. Realización dun vídeo documental sobre a evolución en materia de política lingüística en Galicia. Presentarase en asociacións e locais de todo o dominio lingüístico galego, á maneira das 55 mentiras sobre a lingua galega. Custo aproximado: entre 2000€ e 4000€.

9. Publicación, en 2014, dunha obra didáctica de divulgación sociolingüística. A coordinación correrá a cargo de Xosé-Henrique Costas.

10. Procurarase a celebración dunha marcha pola lingua en Compostela na que os asistentes camiñen sen máis marca ca a da lingua.

11. Fixación dunha cota de 60€ anuais para os socios e de 30€ para persoas desempregadas e estudantes. O pagamento das cotas implica voz e voto nas asembleas.

12. Uso racional e continuado das redes sociais e da páxina web. É prioritaria a creación de discurso e o intento de inclusión neste das persoas non galegofalantes que non obstante manteñen unha posición favorable e de defensa da lingua.

13. Estudar a posibilidade de elaborar instrumentos audiovisuais en aberto, xa en colaboración con televisións convencionais xa a través da internet. Serían programas de entretemento dirixidos a mudar actitudes cara á nosa lingua.

14. Esixir da TVG a continuidade con novos capítulos do programa Ben falado!. Esixir así mesmo a volta dunha programación infantil e xuvenil que fomente o uso da lingua galega, como vén imposto pola propia creación da Radio e da Televisión de Galicia. Organizarase un evento sobre esta necesidade ao longo de 2013.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior