USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Asemblea de ProLingua o 15 de setembro

O sábado 15 de setembro de 2012, no Auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa (Teo), ás 11 horas en 1ª convocatoria e ás 11:30 horas en 2ª convocatoria, terá lugar a asemblea da plataforma ProLingua coa seguinte Orde do día:


1.- Informe de actividade
2.- Informe económico
3.- Presentación do novo sitio web
4.- Chamamento aos partidos e ás organizacións políticas con motivo
das eleccións do 21 de outubro
5.- Presentación de candidaturas á Cerna e programas de traballo
6.- Rogos e preguntas

Normas polas que se rexerá a asemblea:

1. Poderán participar e terán dereito ao uso da palabra todas as
persoas que consten na listaxe de asinantes do manifesto, ás que
sempre se tivo por membros de ProLingua.

2. Terán dereito a voto as persoas que con anterioridade ao 8 de agosto de 2012 (data na que se publicou na páxina web da plataforma a convocatoria da asemblea) fixeron algunha achega económica a ProLingua, independentemente da súa contía.

A partir das 10:30 do día da asemblea e no lugar onde esta se celebrará, todas as persoas asistentes poderán consultar a listaxe de contribuíntes e acreditarse como votantes para a asemblea.

3. Até 24 horas antes do comezo da asemblea poderán presentarse candidaturas para a Cerna de ProLingua. Deberán ser candidaturas pechadas dun mínimo de 10 persoas e un máximo de 15. Desas persoas polo menos 10 deben selo con dereito a voto na asemblea. Despois de constituída a nova Cerna esta poderá, por motivos de operatividade, ampliarse até un máximo de 20 membros.

As candidaturas deberán comunicarse por correo electrónico ao enderezo asembleadeprolingua@gmail.com

A listaxe de persoas candidatas, así como os programas de traballo enviados en documento anexo, faranse públicos na páxina web antes da asemblea

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior