USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

A xunta pon en marcha unha nova edición do programa O Galego Campa!

O galego campa! é un programa de dinamización lingüística dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 17 anos, nomeadamente aos que participan nos campamentos de verán da Xunta de Galicia. Na súa primeira edición, dotou o monitorado de fichas con actividades para introducir a lingua galega nestes contextos lúdicos e mais do disco asociado a elas Desaparafusador de gominola.

Nesta segunda edición, ademais de novas fichas de traballo centradas nas actividades deportivas, O galego campa! inclúe formación para os monitores e monitoras e mais o concurso Campacontos de relatos para contar nos seráns dos campamentos, dirixido a monitorado e rapaces participantes nos campamentos de verán da Xunta de Galicia.

Estes relatos terán que ser gravados e enviados por correo electrónico para poder ser valorados polo xurado. Deste xeito, combínase o uso da lingua galega oral coa creatividade en galego e coas tecnoloxías da información e da comunicación. Os materiais desta nova edición de O galego campa! e as bases do concurso Campacontos poden atoparse na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Máis información en Xunta de Galicia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior