USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

A CTNL remítelle á Xunta unha proposta de mellora dos Celga

Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, e logo dun amplo proceso de análise e reflexión, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas.

proposta que a CTNL fai agora pública está pensada para mellorar de xeito integral o sistema de formación e acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas.

Esta proposta está feita pola CTNL a partir dun proceso de reflexión e análise dun amplo grupo de persoas con experiencia en distintos ámbitos relacionados cos Celga (técnicos/as de normalización lingüística encargados de convocar, xestionar e difundir cursos e informar a cidadanía sobre o sistema; profesorado colaborador encargado da docencia dos cursos; persoal avaliador das probas de obtención dos títulos; etc.), e tendo en conta ademais as achegas, as ideas e o debate producido na Xornada de análise e avaliación dos Celga que tivo lugar o 28 de xuño de 2012 en Santiago de Compostela, na que participaron arredor de 150 persoas, e onde houbo un amplo consenso xeral sobre distintas ideas debatidas.

Máis información en CTNL

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior