USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

A CTNL chama á participación no seu “Viveiro de propostas normalizadoras”

Coa finalidade de que nazan proxectos de todo tipo para fomentar o uso, presenza e prestixio do galego, a CTNL creou o ano pasado o Viveiro de propostas normalizadoras, un espazo de intercambio de ideas e traballo conxunto para que persoas que traballan na normalización lingüística poidan madurar e desenvolver propostas e proxectos. A idea era que deste espazo ou laboratorio nacesen e se puidesen desenvolver actividades, accións, campañas, obradoiros, produtos normalizadores, etc., e así foi, pois coa colaboración de persoas diversas e co intercambio de visións as cousas melloraron. Desde a CTNL consideran que foi unha iniciativa produtiva, e por iso volven facer unha convocatoria este ano.

Desenvolvemento
Desde a CTNL convócase unha xuntanza, o mércores 29 de maio ás 17.30 h na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (aula 9), na que se pode participar tanto presentando ideas como asistindo para coñecelas coa intención de colaborar nalgunha(s). A partir de aí, crearase un grupo de traballo para cada un dos proxectos que estará formado por todas as persoas interesadas en colaborar no seu desenvolvemento e coordinado pola persoa que o propuxo.

Máis información na web da CTNL.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior