17 de maio de 2025
Mañá, 17 de maio, Día das Letras Galegas dedicado este ano ás cantareiras galegas, ProLingua asistirá -e anima a asistir- á manifestación nacional convocada por Queremos Galego baixo o lema unitario "Lingua vital".
Co adaxo desta manifestación, ProLingua porá ás 11 da mañá na Alameda unha mesa para vender camisetas e chapas da campaña "Busco amante galegofalante". As camisetas véndense a 10 euros e as chapas a 2 e a 1 euro (segundo tamaño). Tamén se poden adquirir estes produtos por correo postal enviando pedimento a atenda@prolingua.gal.
- Tags:
- 17 de maio
camiseta
