ProLingua, plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega

Noticias anteriores

Chaman "imposición" á oficialidade

Por Xabier Cordal

 

Cando o franquismo rematou -desde o punto de vista biolóxico-, os seus herdeiros responderon ao clamor que esixía a presenza pública da lingua galega. Fixérono espallando a idea de que a súa “imposición” resultaba intolerable e polo tanto, debía permanecer relegada baixo o estatus da opción persoal.

Ao chegar o Estatuto de Autonomía o idioma da maioría dos galegos e galegas consagrouse como oficial. O feito de que o arco parlamentario asumise tal oficialidade, a pesar dos flagrantes incumprimentos da Lei, ou se cadra grazas a eles, mantivo calados os nostálxicos da imposición absoluta da lingua española.

Non estraña que o contexto actual de retroceso de todos os dereitos reavivase o vello discurso. Cando se nos di agora que o idioma debe estar presente na sociedade “sen imposicións” estanse activando os dogmas neofranquistas que cuestionan tamén o dereito á saúde, á folga ou ao aborto.

Se alguén pretende que a única versión tolerable dos dereitos é a que permite suspendelos alí onde lle praza, o que está pedindo é a súa abolición. A oficialidade dun idioma consagra, sen máis, a súa presenza pública. Igualmente calquera pode reivindicarse racista ou machista, pero un centro universitario nunca pode limitar o acceso ás persoas que non sexan homes e brancos amparándose en que a obriga de admitilos sería unha imposición.

Desenmascaremos, outra vez, as palabras do totalitarismo.

Publicado
Out 31 '12
Autor
Normal Admin

Filtro


Amosar por



Todas as etiquetas 648


USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorarmos a túa experiencia e os nosos servizos, así como para mostrarche, desde o noso sitio web ou desde os de terceiros, publicidade baseada na análise dos teus hábitos de navegación. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información na nosa Política de Cookies.